Non sei se sabedes que hoxe estamos de Parabéns Enormes no centro. O IES Sánchez Cantón foi seleccionado para formar parte da rede TICS de centros en Galicia. Cada ano entran só de 10 a 15 centros incluíndo centros de Primaria, Secundaria, Escolas de Idiomas, centros públicos e privados. Isto, tan difícil de acadar, só foi posible grazas aos moitos anos de traballo das dúas persoas que levan a coordinación do proxecto TICS do centro: os profesores Marián Costa Giráldez, a vosa profe este curso, e o profesor Jesús Juanatey.
A comunidade educativa deste centro, entes virtuais incluídos, queremos expresar a nosa ledicia e tamén o noso agradecemento pola súa xenerosidade.
