Foro

exames en Dinamarca

Re: exames en Dinamarca

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0

Parece que este tema esperta o voso interese.

Xa fai moitos anos, na década dos setenta, na Universidade de Santiago (posiblemente noutros sitios tamén), algúns profesores comezaron coa costume de facer un tipo de exames nos que se permitía a consulta de bibliografía, apuntes, e calquera outro material de apoio. Adoitaban ser exames de longa duración, mesmo podían chegar ás 5 horas.

Cando o alumnado coñeceu o novo sistema, creu que ía a ser “pan comido” conseguir o aprobado. A realidade foi que tiñan bastante dificultade, se se estaba ben preparado se aprobaba, pero en caso contrario aquilo se convertía nunha tarefa imposible, porque a proba esixía fundamentalmente que o examinando fose quen de interpretar correctamente, á vez que tiña que relacionar unha tese con moitas outras, ser quen de manifestar as oposicións ou dificultades que entrañaba á teoría, derivar aplicacións e repercusións da mesma, recoñecer influencias noutros pensadores e cousas polo estilo. Se tiñas preparado o tema e sabías por onde buscar todo ía ben, de non ser así acababas facendo un copiado de parágrafos que non convencía a ninguén e ao que menos ao profesor.

Tod@s os que pasamos por eses exames recordamos moitas cousas desas materias, o propio exame supoñía aprendizaxe. Tamén debo dicir que non eran moi comúns porque os profesores se queixaban de que lles daba moito traballo corrixir tales probas.

Seguro que sodes quen de ver a similitude, salvando as distancias, co uso da Internet nos exames actuais.