Foro

Sobre a marcha do curso

Sobre a marcha do curso

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

En primeiro lugar agradecer a  EVA a tenrura que se desprende do seu agasallo, nunca pensei que un asistente virtual, sometido a estrictas leis de programación, poidese actuar así.

E agora para tod@s vós:

No foro podedes incorporar os temas que queirades sempre e cando estean relacionados coas TIC, pero é conveniente non saturalo, quero dicir que mentres estean tres ou catro temas activos, non engadades outros que se alonxen moito dos temas deses días, sobre todo se só pretenden sondeos de opinión como que sistema operativo nos gusta máis.

En todo caso, sempre podemos relanzar un tema anterior engadindo unha resposta, e iso é o que me gustaría que fixérades cos temas que propuxestes sobre navegadores, sistemas  operativos, capacidade do voso ordenador, etc á luz dos novos arquivos que se subiron á sección 1 , onde se fala da próxima revolución informática e  de software libre. Quedan aspectos moi importantes sobre eses puntos que aínda non abordamos suficientemente.

En breve engadirei tamén na sección 1 un arquivo sobre o sistema de cualificación.

E aínda que xa volo dixen na clase, quero lembraros que se ben tod@s debedes ir facendo unha entrada no glosario, non é necesario que fagades moitas, senón que a que fagades sexa de calidade, con información exhaustiva, contrastada, coas ligazóns pertinentes e de elaboración propia, en ningún caso cortando e pegando sen máis. Isto ten moito máis valor que facer multiples corta-pegas no glosario. Cando busquedes a información non esquezades os criterios de fiabilidade dos sitios web que estamos a considerar. Collede ese bo hábito.

Tampouco esquezades seguir traballando con Google Docs, para que vexades os mecanismos para compartir documentos e de paso organicemos "a nosa viaxe".

Desculpade a excesiva extensión desta entrada.