Foro CREA

PALABRAS

Re: PALABRAS

by Deleted user -
Number of replies: 0
A min por unha parte gustaríame estar en todo momento consciente de como avance a miña enfermidade precisamente para o que di ese psicologo, para poder toma-las miñas propias decisións sen ter que deixalo en mans de ninguén. De todolos xeitos, tamén me parece humanamente comprensible que os nosos achegados non nos queran ver sufrir ao coñece-la nosa propia realidade. Penso que depende moito do carácter do enfermo, no meu caso supoño que sería peor estar informado pero non o sei.