Foro CREA

as miñas palabras relacionadas coa morte. EUTANASIA

Re: as miñas palabras relacionadas coa morte

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 2

Tomamos nota da proposta da película.

Un dos problemas máis graves en relación á eutanasia, que por suposto se minimiza cando a persoa enferma está consciente e ben atendida non só polos familiares senón tamén por un equipo clínico, ben sexa no hospital ou mediante atención domiciliaria, é que a eutanasia se convirta nunha medida dos estados, das sociedades en xeral, dos parentes en particular, para desfacerse de cargas económicas (o custo do tratamento e coidados é moi elevado), e de responsabilidades, deixando ao enfermo/a na maior das indefensións tendo en conta que normalmente está xa nun estado grande de dependencia e marxinación (son características que se dan comunmente asociadas ás enfermidades graves crónicas ou terminais).

Por outra banda pretender eliminar o problema dicindo que ante o perigo citado non se debe permitir nin considerar unha lexislación que contemple a posibilidade da eutanasia é un sinsentido similar a dicir que fronte ao risco de que alguén pereza pola imprudencia de conductores mozos hai que prohibir que estes teñan o carné de conducir. En ambos casos haberá que lexislar para garantir os dereitos das persoas tendo especial coidado nos daquelas que están en situacións de maior desprotección. 

Témome que neste asunto hai, ademais de poderosas razóns para ser cautos, intereses de certos poderes en no perder o control sobre os vivos mediante o control do seu tránsito á morte. Entre outros, as diferentes Iglesias teñen moito que perder se a morte deixa de ter a actual trascendencia relixiosa.

Re: as miñas palabras relacionadas coa morte por Usuario eliminado -
Re: as miñas palabras relacionadas coa morte por Usuario eliminado -