O que di Ramón bayés ten algo de razón, no caso de realizar a eutanasia é preciso analizar a cada persoa de maneira diferente pois cada unha ten unha situación distinta; non é o mesmo unha persoa que vive postrada nunha cama sen poderse mover a outra que precise dunha máquina que traballe polo seu corazón por exemplo, ademais dependería da idade da persoa, de se existe posibilidade de cura ou se os seus seren queridos queiran mantelo en vida.
Nós non sabemos como deben vivir eles eses momentos, e é iso precisamente o que dificulta a decisión de realizar ou non a eutanasia. O caso de ramón Sampedro non ten dúbida, pois el era conscente do que quería; aínda que tamén se explicaba que a morte non debe converterse nunha maneira xeneralizada de huir do sufrimento e non afrontalo, senón que debe ser unha opción que poder escoller libremente, e no caso da eutanasia, que poidan axudarte.
O que di Marga de que debe cambiar esa concepción negativa da eutanasia, estou dacordo, pero o problema é que, nunha sociedade tan ampla e con tantas opinións todas apropiadas segundo cadanseus criterios, sería imposible chegar a un acordo total, sempre haberá quen non esté dacordo e se manifeste (como co aborto). É por iso polo que Ramón Bayes debeu dicir que era un tema complicado, un tema que farán falta moitos anos de debates e dialogo para concluir.
Unha película bastante apropiada para este tema é : La mariposa y la escafandra.