Marga, dis non entender a razón pola que Ramón Bayés é unha auoridade nestes temas. Teño agora mesmo unha pila enorme de libros ao meu carón. Prácticamente na totalidade deles este señor é citado e referenciado. Ten unha amplísima experiencia clínica, pero sobre todo ten unha calidade humana excepcional. Iso o podes percibir en todas as súas manifestacións, sempre ponderadas, sempre deixando lugar a outras interpretacións, sempre admitindo a súa confusión ante algúns aspectos, a súa perplexidade, a súa disposición a reflexionar e a admitir erros. Eu volvería ler o artigo, verás que el só se limita a facer unha exposición clara, honesta e ordenada de dúbidas que deberán ser resoltas e debatidas serenamente para que, como ti ben dis, estas sociedades supostamente avanzadas sigan avanzando nun terreo que ten aínda moitísimas zonas escuras das que non existe nin siquiera unha primeria aproximación de mapas fiables, se me permites a comparación.
Para deixar clara a miña posición ideolóxica e ser honesta contigo, direiche que básicamente asumo a túa liña argumental. Pero observa que Bayés non está en desacordo total co concepto eutanasia, el propón dialogo, traballo, investigación seria e rigurosa paa determinar as verdadeiras necesidades das persoas nestes momentos. Actuacións personalizadas e individiualizadas feitas por profesionais serios, rigorosos e ben formados, mellores coidados paliativos, educación nas familias para volver aprender a coidar os uns dos outros, reflexión acerca dunha sociedade na que se penaliza a enfermidade as veces con despidos laborais. Atención integral aos enfermos nos hospitais: non sofren os fígados, os cerebros, os pulmóns: sofremos as persoas. Por certo, Bayés perdeu a un fillo que morreu prematuramente de cancro, sabe o que é esa dor tan insoportabel. Pero verás que nunca pontifica, nunca pretende ser superior a ninguén nin facer alarde de nada. Só pretende facer algunhas reflexións sobre determinados aspectos que, na súa opinión, deberían cambiar. É consciente que estes cambios poden levar décadas, pero haberá que comezar a facelos. Achego outro documento, que el mesmo nos mandou por correo electrónico onde di concentrar a esencia do seu posicionamento. Por se vos interesa, nesta ligazón