A profe Marián máis eu pensamos que como non temos moito tempo, e hai un longo camiño por percorrrer, deberíades comezar as tarefas correspondentes á fase CREA. Podemos manter este foro, para situacións imaxinarias como ata agora fixemos, pero entendemos que debemos ir dando algún pequenos paso máis que nos axude a plantexar e facer algunha reflexión, aínda que sexa de cara a nós mesmos, en torno a algunhas cuestións que nunca antes tivemos a oportunidade de considerar. Di Ramón Bayés, un dos máis reputados expertos nestes temas, 'O PROCESO DE MORRER É O GRAN CONTINENTE QUE QUEDA POR DESCUBRIR'.
Entón, xa sabedes, quedamos á espera de ver eses primeiros intentos de selección de palabras no foro CREA. Seguro que o facedes moi ben. Tedes total liberdade. Nós quedamos á espera.