Foro IMAXINA

morrer na túa casa ou no hospital?

Re: morrer na túa casa ou no hospital?

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 2

Ben, seguro que moit@s desexamos o mesmo, a casa é un espazo coñecido, onde imos ter máis control da situación e onde é máis facil estar cerca dos de un, pero sempre e cando estean garantidos unha serie coidados médicos e axuda psicolóxica se fose necesario. As unidades de coidados paliativos teñen que romper as fronteiras dos hospitais para axudar a que as persoas poidan morrer en paz, que é morrer sen dor, pero tamén sen sofrementos doutros tipos, co ánimo de aceptación do final da vida. A incertidume, o medo a estar só ou soa neses momentos, e a seguridade de que van evitar a dor física insostenible, xunto coa preocupación polos que quedan son os elementos que preocupan máis aos enfermos no final, e o que os demais en canto que sexamos coidadores ou acompañantes deberemos ter presentes e atender a estas necesidades, ter com-pasión, é dicrir, sentir con ela, o que evitará a súa sensación de illamento.

ENTRAR TAMÉN NO FORO CREA

Re: morrer na túa casa ou no hospital? de Usuario eliminado -
Re: morrer na túa casa ou no hospital? de Usuario eliminado -