Jaime estou segura que a persoa que nos quere quedará moito máis traumatizada se non ten a oportunidade de apertarnos a man, de dicirnos ao ouvido que nos quere e non sei cantas cousas máis, incluído lembrarnos o mal que fixemos por tal e cal. Outra cousa é que necesite o apoio do resto da familia e amizades e por suposto o apoio de especialistas non só para o control da enfermidade senón para asistila nas súas dúbidas, cansazos, e outras necesidades que poida ter e que os equipos clínicos, comunitarios ou como sexa, lle deben poder dar, estea no hospital ou reciba a asistencia na casa.