Foro IMAXINA

morrer na túa casa ou no hospital?

Re: morrer na túa casa ou no hospital?

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0
Estou dacordo con juan, ainda que tamén é certo que a morte en moitos casos é algo imprevisíbel, polo que un pode estar agardando para ir á casa e morrer antes. Un hospital é algo moi impersoal; na túa cama poido ter estado alguén que tivo un accidente ou un enfermo de cancro a semana anterior, e despois de ti tamén haberán outras persoas que tampouco saberán quen fuches ti. Ademais de que estás nunha habitación que non é a túa. Iso non é un hogar. Pero os hogares os facemos as persoas, polo que máis importante que donde morrer sería con quen. Eu, personalmente, preferiría morrer nun hospital rodeado dos meus que na miña casa soa.