Foro IMAXINA

Experiencias

Re: Experiencias

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Como di Mauro, a morte non e un fracaso, simplemente é algo que tememos e que se nos mostra como moi traxico. Algo traxico esta relaccionado coa dor, a tristeza, a incapacidade; pero un fracaso é algo do que un se avergoña, porque puxera esperanzas nun obxectivo concreto que non funcionou. Por iso o fracaso seria para os medicos que se centraron nese paciente e que faleceu, pero non pola morte en si, senon que porque non conseguiron levar a cabo o que se propuxeran.

As reaccions ante a morte poderian ser moi diferentes. Uns tal vez no queran ver nada que lles poda lembrar ao falecido, para evitar a tristeza que vaia parella a el, pecharian a porta do seu cuarto, agocharian as suas cousas no fondo do armario... ainda que non chegarian a tiralas; pero outros deixan todo tal cual estaba antes, ainda que estivera desordeado, xa que dese modo pareceria que todavia segue ali.

Despois de varias fases, a ultima debe ser cando, xa asumida a morte do outro, sentaste un dia a ver as suas fotografias, a sua roupa, as suas cousas. Despois de lembrar bos e malos momentos e de chorar un rato largo, finalmente guardas todo nunha caixa, incluindo as tristezas.