Foro IMAXINA

Experiencias

Re: Experiencias

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0
Encantoume esta resposta, sobre todo o de:

"Ahora mismo si se muriese alguien muy cercano creo haría lo contrario, que me guardaría algo de esa persona, algo muy propio de ella para tener conmigo y tener la sensación de que una parte de ella sigue conmigo aunque nunca más la vuelva a ver."

Eu tamén teño a un familiar con cáncer, e o meu pai superou un de pel, nunca se sentiu mal, loitou, e aquí esta de novo como unha rosa. Todos os meus avós morreron, pero eu gardo os bós recordos, a pesares de non haber coñecido a un deles. Tan só chorei nun funeral, da irmá dun compañeiro meu da infancia. Penso que a algún lles toca moi pronto a morte, a outros os pilla unha enfermidade grabe de un día para outro, e outros poden gozar de saúde ata os 100 e pico anos. Ás veces a vida é como un xogo. Non hai que angustiarse pola morte, a pesar de que se eu me poño a pensar agora que vou morrer, que non sei como vai ser de min nuns anos, que todo o que teño na miña cabeza non existirá e demais, penso que a morte é algo no que non se debe pensar moito, xa que pode provocar problemas moi serios. Eu por exemplo teño moito medo á morte, din que lle chaman "tanatofobia", pero ao mesmo tempo penso que a morte é un fin agradable, sempre que as circunstancias sexan naturais. Como dicía Epicuro: "Non hai que terlle medo á morte se reflexionamos sobre ela".

É certo, non sabemos o que haberá despois, se "¿sentimos?" o mesmo que antes de nacer, non haberá problema ningún. A única pega que lle poño a todo isto é que a morte sexa lenta, dolorosa e en soidade total.

Eu acostumo a asociar cancións a persoas ás que quero, e cando as escoito podo ver a "cara" desa persoa, ou notar a súa presenza. Para mí é unha forma de manter a alguen vivo dalgunha maneira, ademais encántame a música, é unha boa vía de escape para moitas cousas.