Foro IMAXINA

Experiencias

Re: Experiencias

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 3

Mauro, pois tes xa un currículo detrás teu. O importante agora é ver como esas experiencias as podes integrar para desenvolver unha personalidade positiva que che permita encaixar o mellor posible as futuras vivencias da morte, e tamén da enfermidade, das dificultades graves en xeral e mesmo do fracaso. ¡Coidado, eu non estou a dicir que a morte sexa un fracaso! Pero nesta sociedade as veces se toma así, como un fracaso da mediciña, da ciencia en xeral, e da persoa en particular.

Asociades a morte ao fracaso? de ser afirmativa a resposta, en que sentido?

Fai memoria, que che impedía achegarte ao piano que simbolizaba a relación co teu avó? Cres que che pasaría algo similar se morrese outra persoa moi importante para ti afectivamente, tampouco serías quen de recoller as súas roupas, cartas, ou esas cousas ás que estaba moi ligada? Cal pode ser o motivo polo que moitas persoas actúan así?

Re: Experiencias de Usuario eliminado -
Re: Experiencias de Usuario eliminado -
Re: Experiencias de Usuario eliminado -