Foro IMAXINA

Imaxina que alguén a quen queres moito morre

Re: Imaxina que alguén a quen queres moito morre

by Deleted user -
Number of replies: 10

Sabedes, @s expert@s din que as frases feitas que se acostuman dicir en funerais tipo: "o sinto moito",  "non chores, tes que ser forte", "o tempo o cura todo",  "foi o mellor dado o caso", "acompáñoche no sentimento" , de tan manidas que están perden significado e mesmo poden irritar e facer máis dano que ben ao doente, pois, dalgunha maneira, pode sentir que non ten dereito a estar triste, a expresar os seus sentimentos, pode sentirse incomprendid@ .

Hai dúas cousas moi importantes das que dixeste, Mauro. Falaste de RABIA. Ese é, xunto coa tristeza, un sentimento moi común ante a perda. Tamén falaste da compañía en silencio.

É probable que algunha vez estedes nun tanatorio ou similar e non saibades que dicir. Pensade, cantos de vós agradeceríades que o voso amigo ou amiga estivera alí, simplemente, ao voso lado, escoitando o que quixérades dicir, acompañando en silencio a vosa rabia ou pranto? Se non podedes contar con ninguén non vos sentiríades sós? Os rituais que a sociedade establece en torno ao velatorio, tanatorio, condución do cadáver, que función teñen?

Outra cousa Mauro, dis "me tomaría co calma ...", pensarías se  a túa vida tería que cambiar a partir dese momento, por exemplo, como se ían a pagar os teu estudos no futuro?