Cando penso en alguen que poda morrer os primeiros que veñen á miña mente son os meus pais. Supoño que seria diferente se lle fose diagnosticada algunha enfermidade terminal ou se fose repentino. No primeiro caso seria moito tempo de anguria, desexando que aguante un dia mais. Pero para cando finalmente ocorra, ainda que xa o terei mais ou menos asumido, non poderei conter as bagoas durante bastante tempo. Poren, no segundo caso, ao principio non o creerei, pensarei que me estan tomando o pelo. ¿Como ia a morrer esa persoa se a vin esa maña e saudoume e deume un bico coma todos os dias? E, ainda que o aceptase, todavia agardaria volvelo a ver a maña seguinte como todos os dias, esperando que todo fora un soño. Seria esa maña ao erguerme e volver a rutina cando me decatase realmente de que nada volveria ser igual e, ainda que a efecto retardado, comezaria a chorar. Pero para chorar, estase mellor solo; polo que calqueira persoa que me viñese consolar sobraria. Nese momento non queres pensar,non queres facer nada, soamente chorar. Poren, cando estivera xa candada de chorar e lamentarme, si que me gustaria estar con alguen que me falase de calquera cousa menos do ocorrido. Iso e algo que se supera co tempo.