Foro IMAXINA

Imaxina que alguén a quen queres moito morre

Re: Imaxina que alguén a quen queres moito morre

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0

Persoalmente, o punto mais "negativo" que atopo tanto nos velatorios, coma nos funerais, é a falta de privacidade que existe hoxe en día, que fan na miña opinión mais "frías" estas cerimonias do necesario.

Cando morreu o meu avó, fai xa case dous anos, pasei toda unha tarde metida no velatorio cos meus pais e a miña avoa, e polo menos para min, foi unha experiencia totalmente desagradable. Persoas que non había visto na miña vida acercábanse a min, apretuxándome, dándome palmadiñas,falándome practicamente a gritos por riba do bulicio que había na habitación. Sentíame coma nun circo, mais aínda, sentíame allea, estraña, no funeral do meu propio avó.

Pode que o sentimento que recordo con mais nitidez daquel día xunto coa tristeza, foi, coma xa dixo Mauro, a rabia. Rabia pola morte do meu avó, rabia por tódolos días desperdiciados o seu carón, pensando que sempre quedarían mais, rabia polo inesperado da situación, e tamén rabia por toda aquela xente do enterro, do velatorio, caras alleas que non paraban de me atosigar, cando eu o único que quería era un pouco de paz, que rematase aquel maldito circo dunha vez.

Sen embargo, teño a sensación de que o funeral do meu avó foi un caso aparte, quero dicir, que penso que non tódolos funerais son tan “estrambóticos” e desagradables coma foi este. A maioría das persoas que acudiron ó funeral do meu avó eran persoas de pobo, e ademais, de media case todos superaban os sesenta anos, así que non se cortaron un pelo a hora de realizar o funeral a “antiga”, falándolle en choros o defunto, chorando, gritando … Algo totalmente desagradable que non creo que se produza nos enterros de xente da cidade.