Foro IMAXINA

Imaxina que alguén a quen queres moito morre

Re: Imaxina que alguén a quen queres moito morre

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 1

Ai! É certo, esquecino. Non creo que para chorar sexa necesario estar so, pero depende da situación. Cando morre algún ser querido un ten que desafogarse e o máis común é chorar, pero se non podes chorar porque hai alguén que estache a dicir que "veña, el está mellor así" "tes que ser forte" sería mellor que che deisaxen chorar canto quixeras, que mentres te estás a lamentar non escoitas a ninguén nin queres entender que a morte é algo natural; xa terán tempo de animarte cando te canses de chorar. Isto non quere dicir que non poida haber alguén contigo apertándote, pero calado.

Supoño que a función será a de demostrarlle ao morto que se lle bota en falta, pero agora que cada vez se cree menos no ceo e nesas cousas iso está a perder un pouco o seu sentido. Tamén será para mostrar a túa pena aos teus cercanos e pasala xuntos. O luto é algo que non comprendo, é certo que ir de cores alegres non pega coa tristeza da perda dun ser querido, pero o de ir vestido de negro durante... canto tempo? un montón (nas aldeas as mulleres anciáns seguen vestindo de negro o resto da súa vida) E iso para que? A verdadeira dor é a que vive dentro de nós, e non tes porque demostrar o teu pesar a ninguén.

Re: Imaxina que alguén a quen queres moito morre de Usuario eliminado -