Este será o noso espazo de comunicación nas primeiras fases. Sabedes que a profesora Charo e máis eu estamos aquí para axudarvos en todo o que necesitedes.
O primeiro que tedes que facer e ler as Suxestións didácticas (enlace no ángulo superior dereito) para que entendades un pouco o proceso. Logo pasaremos á sección Imaxina e sodes vós os que tedes que ir enchendo o foro co que credes que sentiríades.
En xeral os grandes obxectivos deste programa son:
- Construír a propia morte.
- Vivir o mellor posible a morte dos seres queridos.
- Axudar aos demais, especialmente aos próximos, a morrer.
- Responsabilizarse das mortes inflinxidas aos demáis.
- Protexerse da manipulación e utilización interesada da morte.
Estades polo labor?