Non José Manuel, todas teñen a mesma validez, son leis lóxicas, sempre verdadeiras.
Agora, se me preguntas se nunha dedución hai que usar unha antes que outra, entón a resposta é SI. Todo depende das premisas e da conclusión a que tes que chegar.
Tes que manexar esas premisas e os pasos que teñas xa demostrados para axustandote ás regras chegar á conclusión. É cuestión de ESTRATEXIA
Exemplo:
Se na conclusión aparece un disxuntor cunha variable que non está nas premisas pois intentarás deducir a que si aparece nalgún sitio das premisas e logo aplicando a introducción do disxuntor engadir a outra variable:
---1. p ^ q (premisa) Conclusión: p v s
2. p Elim. ^,1
3. p v s Intr. V, 2
Tes que ir combinando regras para dar pasos ata o que tes que demostrar.
Consulta os exercicios na sección 1