En realidade non hai ningunha "regra" para iso, vai depender da estratexía a seguir, das premisas e da conclusión. Quizais unhas orientacións:
- Se nas premisas aparece un disxuntor pode ser útil facer unha eliminación do disxuntor onde C (a C desa regra) sexa a conclusión que hai que deducir.
- Se na conclusión hai un condicional intentar aplicar a regra de Intr. do condicional, supoñendo o antecedente da conclusión e intentando chegar ao consecuente para despois concluir ambos co condicional.
- Sempre é posible demostar algo mediante a reducción ao absurdo, pero as veces pode ser un pouco longo este proceso.
Non sei se isto axuda.