Dúbidas, comentarios, suxestións. Neste foro axudarémonos.

Programación para o futuro

Programación para o futuro

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
Reunido o profesorado o venres, acordou felicitar ao alumnado polo interese e traballo na actividade.
Ademais propón este calendario para o futuro:

-Unha clase máis todos na Biblioteca: o luns 9 a 4ª inglés (Anxo) (Para igualar o número de horas: 2 por lingua)

-Tanto os resumes como os finais serán impresos e corrixidos os erros co profesor na aula durante a semana do 9-14. O coordinador de grupo subirá os cambios ao Moodle antes do sábado 15

-O luns 16 todos os grupos terán impresos o textos para leren. Poderán practicar a lectura de acordo co profesorado e utilizando os sintetizadores de voz.

Na última clase da semana cada lingua fará a gravación das lecturas na Biblioteca.

- Durante a semana de entroido cada alumno/a compoñerá un texto no que ten que utilizar os catro idiomas. Extensión mínima: 1 folio por unha cara. Tema: a experiencia persoal ao facer este traballo (impresións, que aprendeu, que valora máis, que fallos viu, como resultou o traballar en grupo nos ordenadores, recomendacións para o futuro....)

- Na seguinte semana o luns e o martes o alumnado poderá facer preguntas sobre a composición ao profesorado. O mércores 4 todos entregarán á titora a composición. Farase fotocopia para cada profesor.

-Semana do 9-14 de marzo. Sesión final na Biblioteca: profesorado e alumnado participantes. Proxección (canón e pantalla) do material audiovisual

-Reunión do profesorado para avaliación da actividade e do alumnado