Dúbidas, comentarios, suxestións. Neste foro axudarémonos.

situación grupo de francés

Re: situación grupo de francés

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
O mellor final que pode haber; en galego, como non:

Durante a misa o soldado tivo varias veces a tentación de voltarse e comprobar de onde proviñan os ruídos que non deixaban de inquietalo. Pero mantivo a compostura ata que o crego dixo a derradeira palabra. Nese mesmo intre os sons deixaron de escoitarse e o soldado estrañado preguntoulle ó cura a que se debía. El respondeulle que non estaban sós, e como o da tropa do rei non daba crédito ó que o crego lle dicía, o cura tivo que demostrarllo con imaxes. Para isto levouno ó camposanto e ensinoulle como era a vida alí de noite, tan diferente do que pensaba a xente. O soldado deixou de dubidar da palabra do cura e comezou a sentir unha suor fría que lle percorría todo o corpo. O cura alzou a voz e berrou: temos compañía!!-e as ánimas dos mortos deixáronse ver. O soldado, espantado, saíu correndo ata que bateu cunha inesperada pola dunha árbore, caeu en seco ó chan e perdeu o coñecemento. Ó espertar o soldado atopábase no camposanto e o cura estaba ó carón del. O home incorporouse e mirou con cara de horror ó crego e díxolle: o que acabo de ver, é de verdade?. O cura asentiu coa cabeza, e o soldado decatouse de que as ánimas estaban cada unha enriba da súa lousa. O valente esta vez non saíu correndo, pero preguntoulle ó crego que ocorría. O cura contestou: todas estas ánimas son as malas persoas que non poden subir directamente ó ceo e teñen que pagar polos seus pecados, por iso todas as noites teño que tanguer as campás para chamalas e que acudan á misa para pagar polos seus erros e rezar. O soldado totalmente teso, coa cara pálida quedou inmóbil durante un momento mentres asimilaba o que lle acababa de contar o crego. O home levantouse e comezou andar polo camposanto seguido do cura, diante de cada lousa estaba a ánima de cada persoa. Ía cheo de terror ata que chegou ó final do camposanto. Alí chamoulle a atención un nicho aberto cunha lousa sen nome. O crego achegouse a el, estendeu a man cara a lousa e o nome do soldado apareceu escrito nela. As portas do camposanto pecháronse de golpe. O cura colleulle por un brazo e díxolle que como quixo saber a verdade agora non podía retornar cós vivos. Dun forte tirón lanzouno ó interior do nicho. O soldado caeu fortemente e berrou de dor. O crego baixou a súa man e a lousa cubriu o nicho. O soldado morto de medo gritaba pedindo auxilio pero era inútil. Uns segundos máis tarde a ánima do soldado apareceu enriba da súa lousa. O cura, non moi sorprendido , díxolle : moitas barbaries cometiches na guerra polo teu rei que agora tes que pagar por elas. E así as campás da igrexa seguiron soando todas as noites, pero esta vez había unha ánima máis: a do "valente" soldado.