Bo día.
Tal e como estaba previsto en cada un dos convenios asinados coas vosas empresas, onte venres 16 de xuño de 2023 foi o derradeiro día do periodo de prácticas correspondentes ó módulo FCT.
Espero que todo transcurriese ben e fose unha experiencia fructífera para todos vós.
A documentación da vosa carpeta tédesme que entregala o día que fagades a vosa defensa do proxecto.
Revisar que toda a documentación esteade completa e debidamente numerada e asinada pola vosa parte e da voso titor/a de prácticas.
Calquera erro neste senso pode impedir a superación do módulo FCT e retrasar considerablemente os prazos para a titulación no caso de telo superado.
Vémonos na vindeira semana, ánimo que xa non queda case nada.
Saúdos cordiais.
Profesor Telmo Silva