Boa tarde a todos e todas, espero que esteades ben.
No apartado MÓDULO DE FCT do curso tedes a ligazón ó cronograma coas reunións quinceinais de FCT e seguemento do proxecto previstas para o trimestre.
A diferencia doutros cursos, as reunións serán de dous alumnos/as en cada un dos periodos programados no cronograma.
En concreto, cada un de vos está convocado cada 15 días no periodo establecido no devandito cronograma e nas seguintes semanas: 24-25 abril, 8-9 maio, 22-26 maio e 5-9 maio. En total teremos 4 reunións de asistencia obrigatoria.
Convén que informedes o voso titor/a de prácticas canto antes de este calendario para unha mellor organización do traballo.
Podedes consultar o cronograma na aula virtual ou na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/spreadsheets/d/1CmIZHkJOVDXJ2zrQwlM9gwEJSbtKFY8GQ9Bvp5C53HI/edit?usp=share_link
Calquera dúbida enviarme un correo ou wasap.
Saúdos cordiais,
Telmo Silva Alonso
Coordinador FCT