Foro Historía da Filosofía

Festival do Entroido

Festival do Entroido

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

BASES FESTIVAL DE ENTROIDO 2022
1. Cada clase elixirá unha temática común para presentarse ao concurso. TODA A CLASE DEBE DISFRAZARSE OU COLABORAR dalgunha forma na actividade do seu grupo (vestiario, atrezzo, baile...)
2. Os titores e titoras serán os encargados de coordinar o desenvolvemento da actividade no seu grupo, durante os días previos de preparación á actuación. En caso de que non puideran asistir a clase o día 25, poderían ser substituidos por profesorado voluntario.
3. O venres 25, o profesorado realizará o seu horario habitual, acompañando ao grupo co que teña clase en cada momento.
4. No momento no que o grupo decida o seu disfraz, o profesorado encargado dese grupo terá que anotarse na sala de profesorado para que se poida elaborar a programación da actividade. A data límite é o venres 18 de febreiro. Se varios grupos queren elixir a mesma temática, terá prioridade a orde de inscrición.
5. Os ensaios realizaranse sempre coa supervisión do profesorado en horario non lectivo ou en recreos. O paraninfo tamén poderá utilizarse baixo reserva (hai que anotarse na axenda do paraninfo que está na sala de profesorado).
6. O alumnado de cada aula realizará un diálogo, baile, canto, mímica, murga, imitación...) (MÁXIMO 3 MINUTOS) para que sexa avaliado polo xurado. En caso de exceder o tempo máximo, ou incumplir o correcto comportamento no pavillón, no paraninfo ou en calquera outro espazo, o grupo quedará descalificado para o concurso. Remitir a música por correo electrónico a ies.sanchez.canton@gmail.com especificando no asunto “Música do Curso e do Grupo”.
7. O Xurado estará formado por representantes do profesorado, alumnado, persoal non docente e da ANPA O Verxel.
8. O premio serán vales para unha merenda na cafetería do instituto. Haberá 6 premios: un para 1° ESO; un para 2º ESO, un para 3º ESO; un 4º ESO; un para 1º bacharelato e outro para 2º bachalerato. En caso de que o Xurado o considere necesario, poderá conceder ata 2 accésit excepcionais. O xurado valorará a coordinación nos disfraces e na actuación, pero sobre todo o humor empregado.