Eu opino igual cá vos, é claramente arte.
No caso do xeo non podo especificar porque non tiven o pracer de ver ningunha, pero falando das obras feitas con area teño que dicir que son asombrosas, e o mellor é que a xente que as fai non saca máis beneficio que o de ser admirado polas persoas que se paran a contemplalas. Quero dicir que eles o fan porque lles gusta, porque disfrutan coa actividade e dubido moito que pensen no económico xa que como moito sacarán algún donativo dalgún dos espectadores. Iso o valoro moito xa que non hai diñeiro de por medio, non coma na escultura convencional.