Eu estiven en Bristol este verán pasaba por diante desta imaxe tódolos días. Entereime despois, ao volver a Pontevedra, da historia deste graffitero (agora me explico os grupos de turistas que non nos deixaban pasar) e o certo é que, sen saber todo o transfondo, chamoume moito a atención tanto polo lugar onde estaba (un tanto inaccesible e nunha zona onde non había moitos graffitis) como pola técnica e o debuxo en si.