Como xa dixeron antes as miñas compañeiras depende do graffiti en si porque hai moitos que son bonitos, están ben feitos, alegran a vista... Do contrario outros só serven para ensuciar as fachadas, o problema dos graffitis e onde os fan, a moita xente non lle importa que sexan bonitos ou feos, o unico polo que miran é porque non lle ensucien algo da súa propiedade, na sociedade actual os graffitis están asociados ao vándalismo, as persoas que se dedican a facelos corren moito risco xa que se a policía os ve lles pon unha multa moi cara, de feito eu teño un amigo que fai graffitis e estaba facendo un graffiti nun muro que estaba como desfeito e apareceu a policía e puxéronlle unha multa de 700 euros e tivo que ir a xuízo, a min esto non me parece xusto por que hai outras persoas que van estragando escaparates de comercios con pintadas que non serven para nada, ou portais de edificios e nunca tiveron problemas coa policía, do contrario a outros que van a facer a "súa propia obra de arte" nun muro onde non molestan a ninguén para que lle poñan unha multa. Ao igual que Leire eu tamén teño fotos de graffitis con verdadeiras obras de arte, se as atopo as poño por aquí .