Estou de acordo con Mar e Andrea. Non creo que todos os graffitis sexan arte. Calquera pode coller un bote de sprai e facer un garabato nunha parede, pero xa por iso non é arte. Creo que ten que ver máis coa perfección e con ter algún coñecemento sobre como facelo;o mesmo coa experiencia e co que pode chegar a transmitir o graffiti.
Hai graffitis que, persoalmente, son obras de arte e que poderían chegar a competir con algúns dos cadros máis famosos. Pero supoño que tamén ten que ver a 'imaxe' que se ten deles: a 'pintadas' que se fan nas cidades e que non son máis que iso, pintadas ou debuxos. E, a verdade, creo que nalgúns casos habería que deixar de velo así.


