Para mín a música (ou case toda) é arte; non é soamente unha melodía que se baila e se canta, senon unha forma de estimular os sentidos, de disfrutar bailando e cantando, de producir sentimentos, de crear novos ritmos, sonidos, pasos... Por iso, na miña opinión pódese considerar arte na súa grande maioría.
Creo que tamén é verdade que hai diferenzas na música, dunhas cancións a outras, e sobre todo, nos gustos da xente. Pero tampoco penso que porque unha canción sexa ‘culta’ sexa mellor que outra de estilo ‘pop’, por exemplo. Aínda así, estou dacordo co que dí Pablo, ao afirmar que a música ‘de bailoteo’ non é arte. Penso totalmente igual. Quizais sexa a máis coñecida pola súa inmensa promoción, pero por iso non quere decir que sexa mellor.
Eu na miña casilla tamén pensaba poñer unha canción coa letra traducida ao castelán (a canción está en inglés), pero ao contrario de Jacobo non é ningunha sinfonía nin pertence ao estilo clásico. É unha canción actual, no que o tema non é o amor (tema máis empregado nas cancións que se soen escoitar agora por todos lados) senon os sentimentos que esperta a música e o baile nun mozo coma calquera de nós, reflexando a sociedade xove actual. Gustaríame que se podese chegar a reflexionar algo sobre ela e querería saber que pensades sobre a letra; se os dí ou non algo.