Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

Música e música

Re: Música e música

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
A música,na miña opinión de músico,é arte en(case) todas as súas formas de expresión.

Dependendo do que se queira expresar buscaranse modos máis simples ou máis complexos de desenvolver a idea.Así,por poñer un exemplo,expresa mellor o concepto de "rebeldía e desorde" unha melodía punk,por simple que sexa,antes que calquer sinfonía que se poida chegar a imaxinar.

De todos modos,tampouco estou dacordo en que a música culta pinte mellores paisaxes musicais,nin que haxa que colocala nun pedestal.Así,eu podería chegar a dubidar entre unha sinfonía de Beethoven ou unha composición musical progresiva dos nósos días.

O que sí está claro é que a "música de bailoteo" non expresa absolutamente nada.Perdendo así,como dis,a cualidade de "arte".Pero reitero que ese tipo de música non é,nin de lonxe,a única que se realiza actualmente.Tan só é a que máis se promociona.