Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

Música e música

Re: Música e música

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
Desde o meu punto de vista (excesivamente subxectivo tendo en conta que apaixóname a música clásica) é incomparable unha composición clásica con calquera que se poida poñer en discotecas actualmente (refiríndome a música house, techno...). Sen dúbida, estando de acordo contigo, a música clásica é moi destacable xa non só pola cantidade de sentimentos que pode chegar a expresar, senon pola elaboración e o traballo que leva creala. Pero con respecto a se a música das discotecas pode considerarse arte penso que sí, xa que ao receptor estalle transmitindo algo e éste actúa en función de iso. Poden expresar alegría, ou poden ter un ritmo que te leva a bailalas. Pero por suposto, non teñen tanto valor coma unha obra clásica. Se ben é certo que antigamente eran moitísimos menos compositores que agora, polo que é máis doado que todos os lembremos mellor.