Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

Algo que non é contemplado polos demáis é arte?

Re: Algo que non é contemplado polos demáis é arte?

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

En resposta a cuestión formulada por Ruth sobre a literatura como liberación do que escribe aínda que non sexa lido polos demais:

A cuestión da arte como liberación vén de lonxe. Xa Aristóteles falaba de CATARSE (purificación das paixóns) entendida como liberación non só do artista senón tamén do espectador, que ao identificarse, por exemplo cos personaxes  (Aristóteles estaba referíndose ao teatro grego), daba renda solta ás súas paixóns e tensións quedando así os suxeitos en condicións de proseguir coa vida social e as súas esixencias.

Volvendo ao presente. Unha reunión dun grupo de terapia é liberadora para os suxeitos pero por iso non se constitúe nun obra de arte. Certamente a catarse, a liberación, é un ingrediente importante na arte, pero non o único, nin sempre a arte o busca.

Ao meu modo de ver as cousas a arte é esencialmente comunicación, comunicación de coñecementos sen conceptos como dixo Kant, de sentimentos e emocións como defenden os expresionistas, de innovacións formais ao parecer de formalistas, e … Pero sempre comunicación, polo tanto non se pode suprimir ao espectador (prefiro o termo receptor xa que este pode ter unha resposta activa pasando de espectador a emisor). O receptor da arte pode estar ausente, por vir, pero presente na acción comunicadora do artista.