Eu entendo que a tensión entre artista e espectador é esencial no concepto de arte, que non é outra cousa que unha forma de comunicación entre tres elementos: o/a artista, a obra de arte e a experiencia artística (o espectador).
Esta relación pode parecer intrascendente de tan obvia que é, pero non é así.A importancia destes tres elementos non está neles por separado, senon na relación que establecen entre eles ao longo da historia, nos diferentes periodos histórico-artísticos. Podemos falar dos diferentes espazos nos que a arte mostrouse ao longo da historia, das épocas en que só podía verse en igrexas ou palacios, dos mecenas, dos lugares oficiais para achegar a arte ao espectador como son os museos, da arbitrariedade do que é ou non é arte, das grandes fortunas que amasan arte como un negocio máis, ou da arte que se fai trasgresora, que rompe tradicións, que sae á rúa utilizando todo tipo de materiais e soportes. Pero o espectador, dalgunha maneira, aínda cando se lle exclúa de forma intencionada, está sempre presente. Non creo que podamos entender a arte sen esa tensión que lle dá sentido.
No exemplo que propós, se unha persoa pode crear unha obra de arte sen que ninguén máis a vexa, a miña resposta é rotundamente non. Para que algo sexa arte debe ser experimentado por outro, debe producir algunha emoción en alguén alleo ao artista. Pareceume unha pregunta moi interesante.