Rúbrica para as avaliacións

Modelo de rúbrica

Modelo de rúbrica

por Andrés Enrique CABANA GONZÁLEZ -
Número de respostas: 5

A miña idea, para non crear debate na propia avaliación e extendernos en eternas discusións e elucubracións, e co fin de buscar algo efectivo e obxectivamente medible de xeito que poidamos valorar se o AC/CA funciona ou non, foi crear unha rúbrica que poidamos pasar fotocopiada a cada profe presente na avaliación.

Cada profe deberá cubrila e entregarlla ao responsable de AC/CA presente na avaliación de cada curso.

Entendo que debe ser entregada en cada curso porque o aprendizaxe cooperativo pode funcionar de forma diferente dependendo do curso no que se traballe e, dese xeito, podemos valorar se é así ou non.

Por favor, botade un ollo á rúbrica e escribide no foro, ou propoñede cousas que falten, que sobren, algunha idea diferente, etc.

Se queredes, tendo en conta que é en 1º de ESO onde máis estamos traballando AC/CA, podemos probar nesta primeira avaliación a facer un experimento nas avaliacións de 1º de ESO, estudar se esta rúbrica nos aporta algo e perfeccionar para a segunda avaliación e aplicalo en tod@s os cursos.

Aportade ideas, "please". O luns son as avaliacións de 1º.

Grazas pola vosa colaboración.

En resposta a Andrés Enrique CABANA GONZÁLEZ

Re: Modelo de rúbrica

por Usuario eliminado -

Eu creo que a idea da rúbrica é moi boa e paréceme ben tal e como está. Non se me ocorren outras ideas para plantexar agora. Supoño que despois da experiencia de ver cómo funciona esta rúbrica na 1ª Avaliación se pode analizar con máis calma e tal vez se poida perfeccionar.

Saúdos

En resposta a Andrés Enrique CABANA GONZÁLEZ

Re: Modelo de rúbrica

por Usuario eliminado -

Para min a rúbrica está perfecta, e paréceme moi boa idea pasala fotocopiada ao profesorado en cada avaliación.

Os profes teríana que cubrir e entregar na propia avaliación ou poderíano facer a posteriori?. Pregunto por si hai retrasos nas avaliacións (como ven sendo habitual) e os profes protestan.

Boa finde.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Modelo de rúbrica

por Andrés Enrique CABANA GONZÁLEZ -

Sería para pasar ao principio de cada avaliación. Esto non levaría máis de 5 minutos cubrila.

En todo caso, creo que poderiamos facelo nesta primeira avaliación só en 1º ESO e analizar como funciona para, posteriormente, ilo introducindo nos outros cursos.

En resposta a Andrés Enrique CABANA GONZÁLEZ

Re: Modelo de rúbrica

por Usuario eliminado -

A rúbrica está estupenda, Andrés, e paréceme ben probala nesta avaliación cos primeiros.

Se cadra, por engadir un campo máis para o profesorado que non está na AC, poderiamos preguntar se o alumnado demanada ou non traballo en grupo / cooperativo, que sería outra maneira de obter información proveitosa.

Algo así a alumnado na miña materia móstrase contrario a traballar en equipo / indiferente / prefíre / ou mesmo demanda.

Ata mañá, queridas e queridos

 

En resposta a Andrés Enrique CABANA GONZÁLEZ

Re: Modelo de rúbrica

por Usuario eliminado -

Nada que engadir. Bo traballo!! ;) 

Polo momento paréceme moi completa, soamente esperar a ver que tal resulta o feito de cubrila na propia avaliación.

Saúdos e ata mañá!!