Selección de observador@s de convivencia

Alumnado observador

Alumnado observador

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
Queridos compañeiros,
Por suposto parécenme todas grandes ideas, pero penso que con tantos criterios xa poderiamos seleccionar os mediadores, cando creo recordar que de momento só imos seleccionar observadores. Penso que ademáis, como di Sandra, é demasiada información para que eles procesen e debemos ser máis concisos. Eu centraría os criterios de selección (polo menos os que lles presentemos a eles) deberían centrarse na empatía, na discrección e na sensatez. Eu presentaría ao ideal alumno obsevador como un bo copañeiro, que está pendiente dos demáis e escoita sen xulgar e sen comentalo despois. O típico/a alumno/a ao que todos recurren cando hai problemas e que "se leva ben" con todo o mundo porque non vai con mogollón, ten unha personalidade forte e un criterio propio.
En canto ao procedemento, paréceme que debemos comezar por presentarlles o tema de maneira "apetecible" (por exemplo, con un vídeo). Penso que deberíamos repartirnos e ir nós (excepto os que xa somos titores) para explicar todo ben e solventar posibles dúbidas. Tal como decía Víctor, unha boa idea é unha primeira sondaxe e se é necesario de ahí poderíase facer unha segunda.
Bueno, pois sinto o rollo e espero ser de axuda. Bo remate de finde.
En resposta a Usuario eliminado

Re: Alumnado observador

por Andrés Enrique CABANA GONZÁLEZ -
Ok. Laura.
Con todas as aportacións que fagades taratrei de elaborar un documento base para consensuar e tratarei de ir facendo unha presentación "atractiva" para ir poñendo nas aulas de xeito que entre os que formamos parte deste grupo vaiamos "motivando" ao alumnado a participar.
Grazas polas aportacións