2. Poden formar parte da sección sindical traballadores alleos á empresa ou ao centro de traballo?

Non, xa que a sección sindical intégrana exclusivamente os traballadores do propio centro ou empresa afiliados a cada sindicato.

3. A folga xeral convocada contra determinadas medidas laborais do Goberno, sería unha folga política en sentido estrito? Non sería unha folga política en sentido estrito xa que as súas reivindicacións non son alleas aos intereses dos traballadores, polo que a folga tería un contido sociopolítico que permite cualificar a folga como legal. Somente sería ilegal no suposto de que perseguise obxectivos alleos a eses intereses xerais, como sucedería cunha folga insurreccional o que pretendese poñer fin ao sistema democrático, etc.

4. Finalizada a vixencia dun convenio colectivo sen terse producido denuncia por ningunha das partes, os sindicatos con implantación no sector convocan unha folga para forzar a negociación dun novo convenio. Como se cualificaría desde o punto de vista da súa legalidade?

Se finalizou a vixencia do convenio e non foi denunciado por ningunha das partes haberá de entenderse que está prorrogado e se nesta situación se convoca unha folga para forzar a negociación dun novo convenio, trataríase dunha folga novatoria que podería cualificarse de ilegal.

Última modificación: mércores, 11 de marzo de 2026, 3:53 PM