9. A empresa «AK, SA», cunha plantilla de 15 traballadores, pretende subscribir dous contratos de traballo cos seguintes traballadores desempregados:

  • Contrato temporal de sustitución con dona Isabel, para substituír a un empregado en situación de excedencia forzosa, quen será contratada para levar a asesoría xurídica e a xestión de persoal, na súa condición de Licenciada en Dereito.

  • Contrato de traballo temporal por circunstancias da produción con don Ricardo, quen será contratado como administrativo cunha duración de 3 meses.

A. ¿Precisase forma escrita para a estipulación contractual dos períodos de proba?

B. ¿Qué duración poden ter os períodos de proba a pactar?

C. ¿Durante o período de proba a resolución empresarial do contrato é causal?

D. ¿Qué efectos xurídicos produce a estipulación de período de proba superior ao legal?

SOLUCIÓN

A. O noso ordenamento xurídico, art. 14.1 ET, esixe que o pacto do período de proba conste por escrito. Para que exista período de proba é necesario que se pacte no contrato de traballo, ben con concreción da duración ou remitindo esta ao Convenio colectivo. En ausencia de pacto, non poderá considerarse existente período de proba.

Salvo pacto en contrario, a IT (Incapacidade Temporal) por continxencias comúns non suspende o cómputo do período de proba, podendo a empresa extinguir a relación laboral por non superar o período de proba (Art. 14.3 ET e Sentenza TS 03/10/2008).

B. En ningún caso a duración máxima dos períodos de proba poderá ser superior á pactada en Convenio colectivo. Non constando existencia de Convenio colectivo, a duración dos períodos de proba será:

  • 9 meses como máximo en caso de contratos de alta dirección.

  • 6 meses como máximo no contrato de traballo temporal a celebrar con dona Isabel, na súa condición de técnica titulada, conforme ao artigo 14.1 ET.

  • 1 mes como máximo en contrato temporal a concertar con Ricardo, ao ser contratado como administrativo. Neste suposto a duración contractual de 3 meses determina, de acordo con art. 14.1 ET, unha duración como máximo de 1 mes, ao ser contrato temporal con duración inferior a 6 meses, salvo que o convenio dispoña outra cousa.

C. Durante o período de proba a resolución do contrato se pode producir a instancia de calquera das partes. Tampouco se impón forma concreta para comunicar a mesma.

D. La estipulación contractual dun período de proba superior ao legal non anula o contrato de traballo senón que a cláusula do período de proba considérase nula.

Última modificación: mércores, 11 de marzo de 2026, 3:57 PM