1. Rafael, oficial de primeira nunha empresa de carpintaría, recibe a orde de subir ao tellado da nave industrial onde traballa para arranxar unha goteira que se produciu. O traballador comunica á empresa a súa negativa a realizar o traballo dado o grave risco que comporta e por non ser un traballo propio da súa categoría. ¿Estaría lexitimado Rafael para desobedecer a orde empresarial?

SOLUCIÓN

Con carácter xeral, o traballador vén obrigado a cumprir as ordes do empresario sempre que estas se produzan dentro do ámbito propio do contrato de traballo e non resulten manifestamente ilegais ou poidan poñer en perigo a saúde do traballador. Neste caso, estaría xustificado que o traballador incumpra a orde empresarial dado que é allea ás obrigas que derivan do contrato de traballo e pode comportar un grave risco para a saúde do traballador, de forma que este estaría lexitimado para non atender a orde da empresa.

Última modificación: mércores, 11 de marzo de 2026, 3:53 PM