1.Datos do centro

  • Nome e tipo de centro
  • Tamaño: Nº de persoas traballadoras. Neste caso, 133 contando persoal docente e non docente.
  • Breve descrición das principais actividades.
  • Breve descrición do local: Nº de plantas, zonas principais, equipos presentes nas salas, etc.

2. Obxectivos do plan de prevención: Redactar entre 3 e 5 obxectivos claros, realistas e ligados ao centro.

  • Preguntádevos: que pretende un plan de prevención? Falamos só de cumprir coa lei ou tamén de mellorar as condicións de traballo?
  • Deben ser claros e breves, adaptados ao centro (non é o mesmo texto para un IES ca para un taller mecánico). Cada obxectivo debe comezar cun verbo (“Garantir…”, “Reducir…”, “Integrar…”, “Promover…”).
    Por exemplo: Garantir a seguridade e a saúde das persoas traballadoras do centro mediante a identificación, avaliación e control dos riscos laborais.

3. Organización da prevención: Como se vai organizar a PRL na empresa.

Consello: Optade por un modelo combinado, por exemplo, designación de persoas traballadoras + servizo de prevención alleo para a vixilancia da saúde.

  • Xustificade o modelo escollido (tamaño, actividade da empresa e perigosidade).
  • Responsables da prevención
  • Indicar que a dirección é a encargada da aprobación do plan e de facilitar os recursos necesarios.
  • Persoal designado: cantas persoas? Responsabilidades. Contan coa formación mínima en PRL?
  • Servizo preventivo
  • Escollede unha empresa.
  • Indicade as súas funcións (especialidade preventiva).
  • Participación do persoal (delegadas e delegados de prevención e comité):
  • Nº de delegadas/os de prevención.
  • Indicar se hai ou non comité de seguridade e saúde e, se o hai, cantas persoas o compoñen e como se distribúen.

4. Actuacións preventivas básicas: Son esixidas pola normativa, e desenvólvense en actividades específicas debendo         quedar claro quen son os responsables de levalas a cabo:

  • Información e formación dos traballadores: Cómo se informa ao persoal? Cando? Qué formación mínima se lle vai dar? Con qué frecuencia?
  • Control de condicións de traballo: As avaliacións periódicas son unha ferramenta indispensable para previr os riscos por desviacións sobre o previsto. Periodicidade? Quén as realiza? A través de qué instrumentos (check list, observación...)?
  • Vixilancia da saúde para comprobar como afectan as condicións de traballores e así detectar de xeito precoz posibles danos. Quén as realiza? Confidencialidade dos datos. Obrigatoriedade.
  • Obrigas básicas do persoal: Cumprir instrucións, usar EPIs, comunicar incidencias, cooperar coa empresa...
  • Medidas de emerxencia: Situacións previstas (incendio e evacuación), responsables en emerxencia, pasos de actuación.
  • Control de accidentes: Rexistro de accidentes, investigación, medidas correctoras, seguimento.
Última modificación: mércores, 4 de febreiro de 2026, 8:35 PM