O módulo de Relacións no equipo de traballo (RET) ten unha duración total de 55 horas, o que equivale a 66 sesións de 50 minutos cada unha. Cada luns impartiranse dúas sesións de 20:30h a 22:10h. A proba de recuperación para este módulo realizarase no mes de xuño. Para calquera dúbida, podedes atoparme en titoría os luns das 17:45 ás 18:30h no departamento de Formación e Orientación Laboral (edificio A, corredor esquerdo).

1. OBXECTIVOS E CONTIDOS

Ao longo do curso, centrarémonos nos seguintes obxectivos:

  • Comunicación: Aprender a comunicarnos de forma efectiva no ámbito laboral, tanto por escrito como de forma oral. Isto inclúe saber transmitir información clara e concisa en calquera situación.

  • Relacións interpersoais: Comprender a dinámica das relacións humanas e laborais para poder resolver conflitos e traballar de xeito construtivo en equipo.

  • Xestión de equipos: Aprender a participar e moderar reunións de forma eficaz. Tamén estudaremos a motivación e a liderado, e como inflúen no ambiente de traballo.

Os contidos distribuiranse nos seguintes trimestres:

  • Trimestre 1:

    • Unidade 1: A comunicación na empresa

    • Unidade 2: A comunicación oral

    • Unidade 3: A comunicación escrita

  • Trimestre 2:

    • Unidade 4: O conflito e a negociación.

    • Unidade 5: O traballo en equipo e a toma de decisións

  • Trimestre 3:

    • Unidade 6: A motivación laboral

    • Unidade 7: A dirección e o liderado

2. MÉTODO DE TRABALLO E MATERIAL

O método de traballo baséase na participación activa nas diferentes actividades propostas pola docente e no uso da plataforma virtual como ferramenta principal. Nela teredes á vosa disposición apuntamentos e demais material de estudo, así como as instrucións das diferentes actividades que se realizarán en grupo e serán entregadas a través da plataforma virtual. Coas actividades preténdese aplicar os coñecementos teóricos, polo que se recomenda completar os apuntamentos de clase con exemplos prácticos de cara a realización das actividades. 

3. AVALIACIÓN

Actividades e tarefas

Non hai exame. As actividades constitúen o 100% da nota de cada unidade. A calificación do trimestre será a media aritmética das notas de cada unidade. A nota final do módulo coincidirá coa nota da terceira avaliación.

Recuperacións

Se suspendes o módulo, entregarase un informe con información sobre as actividades de recuperación e o período de avaliación (neste caso será durante o mes de xuño).

4. FALTAS DE ASISTENCIA

Pódense xustificar ata un máximo de 7 sesións (o 10% do total do módulo). Se superades ese número, as faltas consideraranse non xustificadas e perderedes o dereito á avaliación continua, o que vos obrigará a ir directamente á recuperación en xuño. As faltas xustifícanse con documentos oficiais. 

5. NORMAS DE CONVIVENCIA

O incumprimento das normas de convivencia do centro da lugar ó inicio dun procedemento sancionador. Lembra que:

  • Non está permitido o uso de móbiles nin auriculares en clase; o móbil debe permanecer gardado na mochila e en modo silencio.

  • Está prohibido fumar en todo o recinto do centro, incluído o aparcadoiro.

  • O uso dos ordenadores do centro debe ser exclusivamente para actividades relacionadas co módulo.

  • Calquera falta de respecto cara ao profesorado ou o alumnado será considerada unha infracción e será sancionada.

Última modificación: luns, 29 de setembro de 2025, 7:56 PM