FRASEOLOXÍA DA PRIMAVERA E DO VERÁN. PROXECTO COLABORATIVO
ACTIVIDADE COLABORATIVA:
1.Recollede entre a familia ou o vecindario refráns relacionados coa primavera ou co verán.
2.Pedide que vos expliquen o seu significado.
3.Anotade o nome do informante.
4.Engadide imaxes relacionadas con esas frases feitas.
5.Incorporádeas ao glosario.
6.Anotade os nomes dos membros do grupo.
7.Puntuación: 0,5 puntos cando a entrada do glosario estea correctamente escrita, explicada e siga as instrucións anteriores.
EXEMPLO:
ATA O CORENTA DE MAIO, NON QUITES O SAIO
Significado: É recomendable non gardar a roupa de abrigo ata estar seguro de que chegou de verdade o tempo cálido do verán.
Informante: María
Grupo: Antón, Andrea e Fernando.

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
|---|
A PALABRA É PRATA, O SILENCIO É OURO.Significado: Quere dicir que ás veces é mellor calar que falar de máis. Informante: Marta Grupo: Anouar
| |
Abril quente e mollado, carga o carro e enche o gadoSignificado: se ven chuvia e calor as colleitas crecen e o gando poderá ter máis alimentos. Informante: Maruxa Grupo: Jessica Martínez Imaxe: | |
AGOSTO, FRÍE O ROSTROSignificado: en agosto o sol dá con tanta forza que che queima a cara. Informante: Carlos Grupo: Hugo | |
D |
|---|
DENDE SAN BARTOLOMEU A SAN SIMÓN, NON PROBES O MEXILLÓNSignificado: O mexillón non está bo durante esta época do ano. Informante: Enrique.
| |
DO TRINTA DE XUÑO EN DIANTE, CALOR ASFIXIANTESIGNIFICADO: A partir do 30 de xuño en diante fará moita calor. INFORMANTE: Rosa
Noelia | |
E |
|---|
EN ABRIL, AUGAS MILSIGNIFICADO: No mes de abril, normalmente, chove moito. INFORMANTE: Rosa
Noelia | |
EN AGOSTO COME AS SARDIÑAS BEN A GOSTOSignificado: En agosto é época de comer sardiñas. Informante: Amalia.
| |
EN AGOSTO, FRÍO NO ROSTRO
-Informante: Raquel -Grupo: Tania, Irene e David. | |
EN XULLO,BEBER E SUAR , E A SOMBRA BUSCARSignificado: Xullo é un mes moi caloroso,e hai que hidratarse, e refrescarse, e protexerse do sol buscando sombra informante: María Nadia Yamila Farfan Huaman
| |

