GALEGO_2ºESO
Section outline
-
Aquí vos deixo materiais e recursos moi útiles para pasalo ben estudando galego:)
Ánimoooo!!!
-
-
A lectura é o alimento da alma...
Neste documento están recollidas as propostas de lectura para todo o curso. Podes escoller a que queiras.
Lembra que as probas serán orais.
Ánimo;)
-
ACTIVIDADE COLABORATIVA:
1.Recollede entre a familia ou o vecindario refráns relacionados coa primavera ou co verán.
2.Pedide que vos expliquen o seu significado.
3.Anotade o nome do informante.
4.Engadide imaxes relacionadas con esas frases feitas.
5.Incorporádeas ao glosario.
6.Anotade os nomes dos membros do grupo.
7.Puntuación: 0,5 puntos cando a entrada do glosario estea correctamente escrita, explicada e siga as instrucións anteriores.
EXEMPLO:
ATA O CORENTA DE MAIO, NON QUITES O SAIO
Significado: É recomendable non gardar a roupa de abrigo ata estar seguro de que chegou de verdade o tempo cálido do verán.
Informante: María
Grupo: Antón, Andrea e Fernando.

-
-
-
ACTIVIDADE POR GRUPOS:
1.Recollede entre a familia ou o vecindario refráns relacionados co inverno.
2.Pedide que vos expliquen o seu significado.
3.Anotade o nome do informante.
4.Engadide imaxes relacionadas con esas frases feitas.
5.Incorporádeas ao glosario.
6.Puntuación: 0,5 puntos cando a entrada do glosario estea correctamente escrita, explicada e siga as instrucións anteriores.
EXEMPLO:
Nunca chove como trona: non é para tanto!

-
Previsión de actividades de aula desde o 8 ao 31 de xaneiro.
-
Actividades de análise de poemas (métrica, rima e recursos estilísticos).
Repaso dos verbos irregulares.
Hiperonimia e hiponimia.
A connotación na publicidade.
-
1. Tipoloxía textual: O texto teatral. Particularidades.
- Taller de escritura creativa.
2. Ortografía: Outros signos de puntuación.
3. Morfosintaxe: A frase.
4. Lingua e sociedade: As linguas minorizadas.
5. Léxico:
- Fraseoloxía e paremioloxía.
- O tempo atmosférico.
6. Competencias: kill the mouse.
- Taller de escritura creativa.
-
Repasamos acentuación e verbos mediante un texto de Julio Cortázar:
Instrucións para subir unha escaleira

-
-
Hai un refrán galego preparado para cada ocasión...
Dá igual se falamos de gastronomía, educación, meteoroloxía... Sempre haberá unha frase feita, ás veces con retranca, que faga sorrir ou reflexionar sobre o noso pensamento popular.
O clima é unha das temáticas favoritas da cultura galega:


-
ACTIVIDADE POR GRUPOS:
1.Recollede entre a familia e o vecindario refráns relacionados co outono.
2.Anotade o seu significado e o nome da persoa informante.
3.Engadide imaxes relacionadas con esas frases feitas.
4.Incorporádeas ao glosario.
EXEMPLO:
MOITO HAS DE SABER PARA COGOMELOS COLLER
Significado: Dado que os cogomelos son fungos que poden ser comestibles ou non, hai que ter coidado ao collelos por se son tóxicos.
Informante: María.
Grupo: Diego, Alexia e Lois.

-
A lectura é o alimento da alma...
Neste documento están recollidas as propostas de lectura para todo o curso. Podes escoller a que queiras.
Lembra que as probas serán orais.
Ánimo;)
-
1. Tipos de texto: a narración.
- Tipos de narración da vida cotiá: persoais, académico-científicas, xurídico-administrativas, xornalísticas.
- A noticia: titulares e portadas. (p. 14 e 15 do libro de texto). Exercicios: 1, 3 e 4.
- A narración literaria: elementos característicos que a compoñen (narrador, estrutura, tempo, espazo e personaxes).
2. Morfosintaxe: verbos regulares, irregulares e semirregulares.
- A temporalidade verbal: pretérito, presente e futuro.
- O infinitivo persoal.
3. Morfoloxía: a estrutura das palabras (a derivación). Exercicios: 1, 2, 3 e 4 (p.21).
4. Lingua e sociedade: concepto de lingua oficial.
5. Léxico: os seres míticos galegos.
- A casa (repaso dos conceptos de campo semántico, hiperónimo e hipónimo). Exercicios: 1, 2, 3, 4 (p.16) e 6 (p.17).
6. Repaso do alfabeto (p.22, 23). Exercicios: 2 e 3.
- Alfabeto do día ideal (actividade creativa de expresión escrita).
-
APRENDEMOS XOGANDO
Presentación para practicar a conxugación dos verbos con alternancia vocálica...

-
A moura do castro de Negros é un exemplo de lenda popular relacionada cos seres míticos vistos en clase.
-
1. O texto poético: definición, características, temática, tópicos e recursos estilísticos.
- Distinción entre denotación e connotación.
2. Verbos irregulares.
3. Hiperonimia e hiponimia.
-
Actividade voluntaria!!!Se precisades comprobar o que sabedes, respondede os exercicios e actvidades deste documento...Ánimooooo!!!
-
Actividades voluntarias para adolescentes con curiosidade!!!

Anímate!!!
-



