FRASEOLOXÍA DA PRIMAVERA E DO VERÁN. PROXECTO COLABORATIVO
ACTIVIDADE COLABORATIVA:
1.Recollede entre a familia ou o vecindario refráns relacionados coa primavera ou co verán.
2.Pedide que vos expliquen o seu significado.
3.Anotade o nome do informante.
4.Engadide imaxes relacionadas con esas frases feitas.
5.Incorporádeas ao glosario.
6.Anotade os nomes dos membros do grupo.
7.Puntuación: 0,5 puntos cando a entrada do glosario estea correctamente escrita, explicada e siga as instrucións anteriores.
EXEMPLO:
ATA O CORENTA DE MAIO, NON QUITES O SAIO
Significado: É recomendable non gardar a roupa de abrigo ata estar seguro de que chegou de verdade o tempo cálido do verán.
Informante: María
Grupo: Antón, Andrea e Fernando.

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
|---|
A PALABRA É PRATA, O SILENCIO É OURO.Significado: Quere dicir que ás veces é mellor calar que falar de máis. Informante: Marta Grupo: Anouar
| |
Abril quente e mollado, carga o carro e enche o gadoSignificado: se ven chuvia e calor as colleitas crecen e o gando poderá ter máis alimentos. Informante: Maruxa Grupo: Jessica Martínez Imaxe: | |
AGOSTO, FRÍE O ROSTROSignificado: en agosto o sol dá con tanta forza que che queima a cara. Informante: Carlos Grupo: Hugo | |