FRASEOLOXÍA DA PRIMAVERA E DO VERÁN. PROXECTO COLABORATIVO
Requisitos do completado
ACTIVIDADE COLABORATIVA:
1.Recollede entre a familia ou o vecindario refráns relacionados coa primavera ou co verán.
2.Pedide que vos expliquen o seu significado.
3.Anotade o nome do informante.
4.Engadide imaxes relacionadas con esas frases feitas.
5.Incorporádeas ao glosario.
6.Anotade os nomes dos membros do grupo.
7.Puntuación: 0,5 puntos cando a entrada do glosario estea correctamente escrita, explicada e siga as instrucións anteriores.
EXEMPLO:
ATA O CORENTA DE MAIO, NON QUITES O SAIO
Significado: É recomendable non gardar a roupa de abrigo ata estar seguro de que chegou de verdade o tempo cálido do verán.
Informante: María
Grupo: Antón, Andrea e Fernando.
