- Dime de onde vés e dime a onde vas. - Veño das Candelas e vou para San Blas.

Significado: Este refrán dialogado quérenos transmitir a proximidade que hai entre o día da Candeloria (2 de febreiro) e o día de San Brais (3 de febreiro); dúas festividades que se celebran moito en Galicia e ás que acode moita xente. 

 Informante: Raquel (avoa).

Equipo: Irene, Tania e David.

 

 

» FRASEOLOXÍA DO INVERNO. PROXECTO COLABORATIVO