Refrán de inverno

Despois de preguntarlle a varias persoas da miña familia, encontrei 3 formas do mesmo refrán.

1º- A miña avoa:

O día da Candeloria se ri e chora o inverno vai fóra; se chove e venta o inverno está dentro.

2º- A miña tía:

Cando a Candeloria chora medio inverno vai fóra; cando ri, está por vir.

 

3º- Miña nai:

Día da Candeloria, inverno fóra; si chove ou venta, inda entra.

O SIGNIFICADO:

Cando o 2 de febreiro que e o día no que se celebra a Candeloria está bo (fai sol) xa terminou o inverno. Sen encambio si fai mal tempo aínda hai inverno para rato.

  

Noelia Calo Diz

» FRASEOLOXÍA DO INVERNO. PROXECTO COLABORATIVO