#QuedaNaCasa

#QuedaNaCasa

por Admin Centro -
Número de respostas: 0

 

Benvid@s:

Tendo en conta as medidas tomadas recentemente a causa do covid-19 pola Consellería de Educación. Entre elas, a suspensión das clases. Imos empregar esta ferramenta que nos vai permitir que siga a túa aprendizaxe

Tivéronse que facer cambios de xeito urxente e dilixente para lograr que o curso vaia adiante. Pero esta vez, fóra das aulas físicas ás que estamos afeitos. Isto vai supoñer un gran esforzo tanto para os profes como para vosoutros, o noso alumnado.

A través de esta ferramenta virtual, algúns dos vosos profesores (non todos) cargarán os contidos para cada un dos niveis, como suxestión para realizar unha tarefa cotián

Comunicarvos que:

  • Se cursas na ESO ou na FP básica, pode que teñas un novo contrasinal e tamén un novo nome de usuario/a. Pregunta ao teu titor/a se aínda non a tés.

 

  • Se nunca entraches na nosa aula, pode que teñas que facelo agora. Nese caso, precisas tamén dun contrasinal e dun nome de usario. Pregunta ao teu titor/a por elas se eres da ESO ou FP Basica.

 

  • No caso de estudar BACH, Ciclo Superior ou Medio, debes crear unha nova conta dándote de alta na plataforma coa túa dirección de email. De seguido recibirás un mail cunha url que has de premer para confirmar a túa alta. 

 

 

  • Se tendes calquera problema ben de acceso á plataforma, ben á algún módulo, non dubides en comentarllo ao voso titor/a ou profesor/a. Intentaremos resolvelo coa maior brevidade.

 

Un cordial saúdo e lembra...  #QuedaNaCasa