Prezado alumnado:
Temos pendente facer un exame do resto da materia. Tiña pensado propoñervos facelo o vindeiro martes día 16, pero resulta que é festivo, polo que teremos que adiantalo ao venres desta semana (non se pode pospoñer porque, como sabedes, o venres da semana que vén vos dan as notas).
Dinlle a Izan os apuntes desta parte. Lede ben e con atención unhas cantas veces. O exame non será difícil se estivechedes máis ou menos atentos en clase e se entendedes os conceptos.
Veña, un último impulso, que xa estamos a acabar esta parte. Ánimo a todas e todos!
Mercedes.